O grupo A Peneira formouse no ano 1999 logo da creación do Centro Galego de Móstoles. Serviu para dar a coñecer as actividades do Centro e plasmar os ensinos das clases de gaita galega, baile rexional e pandeireta e coa finalidade de divulgar a cultura galega tanto na Comunidade de Madrid como fóra dela.
O grupo está dirixido polos mestres Marisol Hernández en baile e José Carracedo en gaita, ambos con recoñecido prestixio no mundo da música tradicional galega.
Realizan un labor de interpretación de bailes e músicas propias das aldeas de Lugo, Pontevedra, Ourense e A Coruña. O seu repertorio está formado por danzas e bailes dos máis variado: desde as típicas muiñeiras, xotas, ribeiranas, ou pezas de culto ao mar e á virxe, como composicións tradicionais.
Traxes de gala e de cotío |
Festival dos Pobos do Mundo Fitur 2006 |
Como indumentaria utiliza o traxe festivo ou de gala, representativo das comarcas das Mariñas como a lucense ou a de Bergantiños, e noutras ocasións o traxe de faena (ou cotío) ambos sínteses do espírito das distintas provincias galegas. O deseño orixinal foi creado especialmente para Móstoles por Juanjo Linares.
Trajes de cotío |
Día das Rexiones. Móstoles 2007 |
O grupo participou ao longo da súa traxectoria en numerosos festivais e actuacións como: Festivais da Cruz Vermella, Festivais da Asociación contra o Cancro, Mostra Cultura na Cidade de Móstoles, Encontros de Bandas en Alcobendas, Festas do Polbo en Collado-Villalba, Romarías de San Antonio, Festas do Magosto, Encontros de Casas Rexionais en Móstoles, colaboracións con Asociacións de Amigos do Camiño, etc .
Festival Xoula Ferrol. Outubro 2004 |
Mostra Cidade de Ávila. Xullo 2005 |
No ano 2004 fixo o seu debut en Galicia no Festival Xoula de Fene en Ferrol, actuando xunto a varios grupos galegos. Outras participacións salientables son a IX Mostra Cidade de Ávila en xullo do 2005, o Festival dos Pobos do Mundo na edición de Fitur 2006 e 2007, e a participación na Ofrenda á Virxe de Lledó xunto aos membros do Centro Galego de Castellón nas Festas da Magdalena en marzo do 2007.
Festival Folk Móstoles. 2004 |
Alcorcón. 2003 |
Cada ano o grupo participa no Festival Folk de Móstoles, que este ano celebrou a súa séptima edición. O Festival quere ser un percorrido pola danza e a cultura galega coa actuación de diferentes grupos.
Alatoz. Albacete. Marcha Ruta da Lana. 2005 |
Festas en Salamanca. Setembro 2005. |
Castellón. Festas Magdalena. Marzo 2007 |
Castellón. Actuación carpa Centro Galego Aturuxo
|
Actuación na Finca Asturias. |
Voda dunha compañeira do grupo de baile.
|