O Centro Galego de Móstoles é unha entidade cultural sen ánimo de lucro, os seus obxetivos son promover a relación entre os residentes de orixen galega, manter e fomentar un sentimento de identidade cultural galego, facilitar a comunicación entre Galicia e o resto de hebitantes do municipio e as súas respectivas culturas, mantendo unha conexión constante coa realidade de Galicia e integrar estas persoas na cultura Galega, promover o intercambio e conexión con todas as institucións culturais do concello e outras rexións españolas no monicipio
Pra o cumplimento de estes obxectivos fanse as seguintes actividades:
- Organización de eventos culturais, Folclore e cociña sobre Galicia.
- Xestionar o centro social e cultural local que se irradia pros galegos de Móstoles e outros lugares na rexión.
- Celebrando festivais, exposicións e feiras pra promover os productos galegos e outros típicos de Móstoles.
- Calquera outra actividade encamiñada a cumprir os propósitos identificados.
O seu ámbito inclúe a Comunidade de Madrid.
A páxina web do Centro Galego de Móstoles obtén o 2º Premio (do ano 2007) á mellor páxina web nos Premios da Secretaría Xeral de Emigración. Grazas a todos os que colaborastes para que isto fose posible. Máis información: www.galiciaaberta.com
As mellores páxinas webs sobre emigración son as de Río de Janeiro e Móstoles: (La Voz de Galicia – 09/01/2008) Ampliar noticia