V Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles

Do 4 ao 13 de outubro de 2013

Parque Cuartel Huerta de Móstoles

Colaboran:

PRESENTACIÓN V FEIRA DO MARISCO:

DEGUSTACIÓN DEMAR S. L. é unha sociedade limitada, conformada na súa totalidade por capital galego, dedicada á organización de eventos Culturais, Artesanos e Gastronómicos de Galicia. Aínda que é una empresa relativamente nova, destacou polo seu labor social nestes últimos dez anos, ademais de converterse nun referente entre o sector dedicado á organización de feiras gastronómicas, por profesionalidad e medios. Desde Galicia, en concreto desde o corazón das Rías Baixas, a nosa empresa soubo exportar por toda a xeografía nacional os sabores e o bo facer da nosa gastronomía.

A principal actividade de DEMAR é a organización de eventos culturais e gastronómicos que denominamos FEIRA DO MARISCO.:

Nas nosas xornadas culturais e gastronómicas intentamos achegar a cultura Galega cara á súa cidade con actividades tradicionais de Galicia. O baile, a pesca, a arte da escultura e a artesanía pódense palpar de cerca nas nosas exposicións e actuacións en directo, todo isto acompañado polos produtos de nosas rías e bañado nos nosos coñecidos viños brancos.

As agrupaciones folclóricas de baile Galego, caracterizadas co típico traxe galego da época, achegan ás nosas instalacións estas melodías e danzas mariñeiras como a popular ?Muiñeira?. A música adoita estar representada por un corpo de gaitas que consta de: a gaita galega, o bombo, o tamboril e o máis típico como instrumento, a pandereta, coas que conseguen un gran ambiente festivo co que amenizar as nosas xornadas culturais.

Durante o trascurso das xornadas expoñeranse ao público diferentes artes de pesca tradicionais galegas, tanto en documentales e fotografías como na exposición de aparellos de pesca de baixura, entre as que destacan as nasas, que traen ata as nosas mesas productos como o polvo ou as nécoras, e aparellos de marisqueo como trueles ou anciños para a extracción de almejas, berberechos e outros froitos mariños.

Os asistentes poderán gozar das obras e do traballo en vivo dos nosos artesanos, tanto da dureza de esculpir a pedra nas mans dun “canteiro” como do delicado traballo das “collareiras”.

Estas últimas forman parte da historia da Toxa desde fai máis de cen anos cos seus produtos elaborados de xeito artesanal que teñen como materia prima as conchas mariñas e son un símbolo ddas Rías Baixas.

En canto á gastronomía, aportaremos os máis selectos produtos traídos do noso mar e da nosa terra, tales como polvo, mejillons, centolo, boy de mar, navallas, almexas, pimentos de Padrón, tenreira Galega, etc. Encargámonos, de forma comprometida, de seleccionar os máis exquisitos manxares pra o goce dos paladares dos asistentes cun producto traído diariamente desde as lonxas galegas coa súa correspondente calidade garantida e os seus prezos populares.

Dedicaremos xornadas de exaltación aos produtos máis notables, que consistirán en talleres de cociña, impartidos `por expertos cocineros galegos, nos que se elaborasen diferentes receitas de fare ao público. Ao final e para goce dos participantes, farase unha degustación totalmente gratuita dos productos elaborados.

E como colofón, e tamén de forma gratuita, na noite meiga elaboraremos a tradicional Queimada Galega para protexer aos asistentes dos maleficios e mantelos apartados dos espíritos e demais seres malvados, pronunciando o coñecido “conxuro” ” Mouchos, coruxas, sapos e bruxas…”

A tal fin, DEGUSTACIÓN DEMAR S. L. conta cun inmejorable equipo humano que é o encargado de dar vida a estas FEIRAS DE MARISCO.

Técnicos, cociñeros, camareiros, expertos na montaxe de carpas, electricistas, transportistas, técnicos en seguridade alimentaria, etc. foron escollidos polo seu reputada profesionalidade e coñecemento nos seus respectivos campos. Máis de vinte homes e mulleres galegos que poñen cada día o mellor de si mesmos para converterse durante a celebración dos eventos en embaixadores dun dos principais atractivos de Galicia.

A cociña galega só ten un segredo: a altísima calidade das súas materias primas. Por iso DEMAR garantiza a calidade, a frescura e a correcta manipulación de todos os seus pratos. Do mar á mesa. Das Rías Galegas a calquera cidade de España. Sen intermediarios. Co celo e co mimo que se merecen os nosos mariscos, sen dúbida os mellores do mundo.

Ese é o último fin de DEMAR e as súas SEMANAS DE GALICIA: levar a calquera lugar da nosa xeografía unha pequena parte desta nosa ?Terra meiga?.

O Centro Galego de Móstoles organiza unha nova edición da Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles, alcanzando xa a V edición.

A feira poderase visitar desde o 4 ata o 13 de outubro, no recinto do Parque Cuartel Huerta de Móstoles, en horario de 12 a 24 horas excepto o día da inauguración que será ás 19 horas e o día 13 de outubro que pechará ás 22 horas.

PROGRAMA:

Venres, 4 de outubro:

Acto inaugural da V Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles.

  • 20.00 h. Recibimiento de autoridades e invitados.
  • 20.15 h. Presentación oficial e Lectura do Pregón nas instalacións da carpa situada no Parque Cuartel Huerta de Móstoles.
  • INTERVENDRAN:

    D. Francisco Rodríguez Santiago

    Presidente do Centro Galego de Móstoles

    D. José Ramón Ónega López

    Delegado da Xunta en Madrid e Director da Casa en Madrid

    D. Daniel Ortiz Espejo

    Alcalde do Excmo. e Ilmo. Ayuntamiento de Móstoles

  • 20.45 h. Actuación do Grupo de Gaitas e Baile A PENEIRA do Centro Galego de Móstoles.
    Visita guiada á Feira de autoridades e invitados.
  • 21.00 h. Degustacion dos produtos da V Feira Gastronomica e Cultural do Marisco.

Sabado, 5 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposicion de artesania popular.
    Xornada dedicada ao mar coa proyeccion de documentales cedidos polo Centro Galego de Artes dá Imaxe (CGAI) relacionados co mar, mostrando as artes de pesca tradicionais empregadas nas Rias Baixas.
  • 20.00 h. Actuacion do Grupo de Gaitas A PENEIRA do Centro Galego de Mostoles.

  • 23.00 h. Celebrásese a NOITE MEIGA coa tradicional QUEIMADA, coa súa magico CONXURO, amenizada con musica tradicional.

Domingo, 6 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposición de artesanía popular.
  • 13.30 h. Actuación do Grupo de Coro ANDURIÑA do Centro Galego de Móstoles.
  • 14.30 h. Tradicional Comida de Hermandad de socios e amigos do Centro Galego de Móstoles.
  • 20.00 h. Actuación do Grupo de Gaitas e Baile A PENEIRA do Centro Galego de Móstoles.

Luns, 7 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposición de artesanía popular.
    Xornada dedicada ao “POLBO», prato que terá maior relevancia pola variedade da súa preparación.

Martes, 8 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposición de artesanía popular.
    Xornada dedicada aos MEJILLONS, así como a variedade de menús especiais.

  • 18.00 h. Talleres en vivo do Grupo de Patchwork do Centro Galego de Móstoles.

Mércores, 9 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposición de artesanía popular.
    Xornada dedicada ás ALMEXAS E NAVALLAS, así como a variedade de menús especiais (Menú solidario), ao obxecto de celebrar tambien o día da confraternidad entre socios, amigos, simpatizantes e público en xeral, a presos moi reducidos.

Xoves, 10 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposición de artesanía popular.
    Xornada estará dedicada ás GAMBAS E NÉCORAS, así como a variedade de menús especiais.

  • 18.00 h. Talleres en vivo do Grupo de Encaxeiras de Bolillos (PalilleIras) do Centro Galego de Móstoles.

Venres, 11 de Outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposición de artesanía popular.
    Esta xornada estará dedicada aos PERCEBES E CIGALAS, así como á exaltación dos produtos do mar.

  • 18.00 h. Talleres en vivo do Grupo de Encaxeiras de Bolillos (Palilleiras) do Centro Galego de Móstoles.

Sabado, 12 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposicion de artesania popular.

  • Xornada dedicada á REPOSTERIA coa exaltacion das sobremesas tradicionais de Galicia.

  • 20.00 h. Actuacion do Grupo de Gaitas e Baile A PENEIRA do Centro Galego de Mostoles.

Domingo, 13 de outubro:

  • 12.00 h. Apertura do Stand da Feira e da exposicion de artesania popular.
    Xornada dedicada a todos os produtos do mar.
  • 22.00 h. Clausura da V Feira Gastronomica e Cultural do Marisco en Mostoles 2013.