• No ano 1997, a raíz da creación en Madrid dos Centros Galegos de Collado-Villalba, Alcobendas e da Sierra de Madrid, xorde en Móstoles a iniciativa de crear unha asociación que reunise aos galegos da zona sur da comunidade. En maio dese ano componse a primeira directiva que impulsa a creación do Centro Galego de Móstoles. En novembro dese ano celébrase a primeira asemblea de socios.
As primeiras actividades que se desenvolveron foron as clases de gaita, baile e lingua galega. Buscouse enton ao mellor profesorado de Madrid para ofrecer aos socios. Outras actividades puxeronse en marcha son encaixe de bolillos, ganchillo, yoga, pintura, manualidades, baile deportivo e baile de salón con gran aceptación por parte das numerosas familias deronse de alta como socios en poucos meses.
Debido aos problemas para obter un local no municipio, a directiva acorda a adquisición dun local propio que se consegue no ano 1999 grazas ao esforzo dos socios e o Centro Galego trasládase á súa localización actual na rúa Cervantes, nun lugar inmellorable pola súa situación no centro e os seus cómodos accesos por estrada, tren ou metro.
No ano 1998 o Centro Galego de Móstoles forma parte activa na realización do 1º Encontro de Casas Rexionais na localidade xunto ao resto das Casas Rexionais que compón a Coordinadora que se crea co obxectivo de potenciar a participación en diferentes eventos de todos os membros das distintas comunidades representadas: andaluces, estremeños, murcianos, castelán-leoneses e madrileños.
O ano 2000 é moi especial para os galegos de Móstoles. Conséguese levar a a cabo outro emotivo acto coa inauguración do Cruceiro de Móstoles. Tras a solicitud á Xunta, a Escola de Canteiros de Poio realiza unha mágnifica obra de arte en pedra coas imaxes de Santiago Apostol e a Patroa de Móstoles, Nuestra Señora de los Santos. O cruceiro atópase no Parque de Galicia, onde cada ao desde esa data, os grupos do Centro Galego realizan unha ofrenda floral á que acoden moitos mostoleños a compartir esta bonita tradición. Realízase unha fermosa exposición de traxes rexionais, grazas á xenerosidade de D. Juanjo Linares, propietario dunha impresionante colección, da que se mostrou máis de 200 exemplares no Centro Cultural Vila de Móstoles.
A finais do 2002 un suceso ensombrece a vida de todos os galegos. A catástrofe do Prestige chea de amargura os corazóns dos galegos que teñen que seguir de lonxe o desenvolvemento dos acontecementos. Os Centros Galegos de Madrid mobilízanse, a Casa Galega de Fuenlabrada freta autobuses para desprazar aos voluntarios madrileños ás zonas afectadas. O Centro Galego de Móstoles organiza en xaneiro de 2003 un Festival Benéfico a favor dos pescadores galegos, a resposta do pobo mostoleño é abafadora, esgótanse as localidades do Centro Cultural Vila de Móstoles e recíbese axuda a través da fila cero. E por suposto o apoio no evento de todas as Casas Rexionais amigas, ás que agradecemos desde aquí a súa solidariedade neses duros momentos.
O Centro Galego de Móstoles é socio fundador de FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid) xunto á Xuntanza de Galegos en Alcobendas, a Casa Galega de Fuenlabrada, o Centro Galego de Tres Cantos, a Asociación Galega Corredor de Henares, o Centro Galego de Collado-Villalba e o Centro Galego de la Sierra. FAGAMA creáse en abril do 2005 para promover actividades en conxunto que potencien a cultura galega en Madrid.
No ano 2007 celebrase o décimo aniversario do Centro Galego de Móstoles coa edición número sete do Festival Folk de Outono no Centro Cultural Villa de Móstoles.
Durante 2011, participou en varios festivais, incluíndo aqueles que se dedican en beneficio de Haití, a participación na FITUR, Desfile de Entroido, un tributo Heroes da Independencia Española 1808/1814 do Concello local e festivais de Móstoles maio e setembro.
Ademais, en maio, celebramos o día das Letras Galegas e galegos peregrinación que inclúen Centros Gallegos de Madrid.
Especial mención Feira III Cultural e Gastronómico en Seafood Móstoles, realizada en xuño, no Parque Liana socios con gran coidado i pública.
Tamén destaca as distintas unidades do grupo de rendeiras da bobina / palilleiras nas reunións anuais en todo o país.
Queremos dar as grazas a todos aqueles que dende os comezos colaboraron dun xeito ou de outro no desenrolo e apoio para a realización de todas estas actividades, moi especialmente a: Daniel Hortas, Nelson Zumel, José Ramón Onega, Manolo Lombao, Juanjo Linares, Genaro Castro, Inés Canosa, Argimiro Ríos, Aurelio Miras, Vicente Araguas, Alfonso S. Palomares, Carlos Sixirei, Ricardo Martín, Alejandro Posilio, Marina de Miguel, Inés Vazquez, Mª Ángeles Climent, aos profesores e colaboradores e a un longo etc.
Na actualidad, ano 2012, o Centro Galego conta con ao redor de 126 familias asociadas, representando 382 persoas, dos cales 120 son máis baixos. O noventa por cento dos socios son de orixe galego pero calquera persoa que queira estar en contacto coa cultura galega pode unirse a nós. No é necesario ser galego ou descendente de galegos para asociarse.
No ano 2.012, participouse en diversos actos, excursións/visitas e festivales, entre eles, no tradicional pasacalles de Carnaval, visita e presentación da nova Xunta Directiva , ao Delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, Acto homenaxe en recordo ás Vítimas de Atocha, Excursión e visita Guiada ao
Circulo de Belas Artes de Madrid, en I Xornadas Gastronómica-Culturais Galegas en Azuqueca de Henares co grupo de Gaitas e Baile Rexional “A Peneira”, no XI encontro de Gaitas e baile tradicional Gaélicas en Alcobendas, así como nas actuacións da “XVII FEIRA GASTRONOMICA CULTURAL DO MARISCO EN ALCOBENDAS?”, co grupo de Gaitas e Baile Rexional “A Peneira”, Acto de homenaxe aos Heroes da
Independencia Española 1808/1814, excursión e visita Guiada ao Parque Europa de Torrejón de Ardoz, nos actos das Cruces de Maio, organizado pola Coordinadora de Casas Rexionais, Cofradías e Hermandades de Móstoles, no tradicional xantar coa Alcaldesa de Madrid Dña. Ana Botella e organizado pola Federación de Casas Rexionais en Madrid, na Actuación de todas as casas Rexionais na Praza do Pradillo de Móstoles, así como o pasacalles de todas elas, con motivo do día de día das Rexións en Móstoles, á inauguración e presentación dos actos do Día de Castilla e León en Móstoles, Día de Murcia en Móstoles, Día de Estremadura e exposición no Museo da Cidade (Sala Capitular) de artesanía Institución Cultural “O Brocense”, así como no Centro Cultural Vila de Móstoles, á inauguración e exposición da cultura galega en Móstoles, á Romaría e actos organizados polo Centro Galego de Tres Cantos, nas Festas Patronales de Nª Sª dos Santos, organizada polo Concello, con especial participación na ofrenda floral e procesión, celebración do noso Patrón San Antonio, na Parroquia Divino Pastor, coa participación na misa das Gaitas e coro “Anduriña”, aos actos de
celebración do día das Rexións, con Misa na Real Colegiata de San Isidro e a tradicional ofrenda ao Patrón de Madrid, cos traxes típicos de cada Rexión, así como entrega dos Galardones de Socios do Ano, excursión e visita Guiada ao Casino de Madrid (Alcalá, 15), actos relixiosos en honor aos socios e familiares falecidos na Parroquia do Divino Pastor de Móstoles, celebración do magosto (sobremesa típica de castañas asadas), festa tradicional de Galicia, co Grupo “A Peneira” particípouse no Festival Benéfico, para a Asociación Española
Contra o Cancro e co coro “Anduriña”, na Nave de Tenreiras (Matadero-Madrid) da Xunta Municipal de Arganzuela, na tradicional CANTATA NAVIDEÑA, así como no NADAL GALEGO EN MADRID, organizado polo Club de Xornalistas Galegos en Madrid e celebrado no Centro de Arte de Alcobendas
Ademais, en mayo celebrouse o día das Letras Galegas, festa conmemorativa da nosa Rexión, coa lectura en Público por parte dos nosos socios da biografía do político e empresario do poeta galego Valentín Paz Andrade, así como a actuación do Coro “ANDURIÑA” e a presenza de autoridades do concello de Móstoles e en xuño participouse na VI ROMERIA DE FAGAMA, organizada polo Centro Galego da Sierra de Madrid e a colaboración do Concello de Colmenar del Arroyo, con asistencia de todos os Centros Galegos da Comunidade e a participación de todos os grupos de Baile, Gaita e Coros Rexionais de cada Centro
Nos días sete ao dezasete de Xuño celebrouse a IV Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles, nas instalacións do Parque Liana de Móstoles coa colaboración do Excmo. Concello de Móstoles, Xunta de Galicia e Degustaciones DEMAR S.L. Na inauguración participaron representantes Municipais, Casa de Galicia en Madrid, Presidente de FAGAMA, representantes das Casas de Móstoles e galegas da Comunidade de Madrid, así como numerosos socios do Centro Galego de Móstoles, simpatizantes e prensa en xeral.
Merece especial mención, a exposición dos seus traballos (aproximadamente un centenar de traballos elaborados artesanalmente), así como a realización de Talleres de Creación do grupo de Bolillos (Palilleras) e o de Patchwork, na sala de exposicións da Casa de Galicia en Madrid do tres ao catorce de outubro, así como o concurso e exposición de fotografías orixinais e antigas, no Centro Cultural Vila de Móstoles, outorgándose o premio á fotografía máis antiga e á máis orixinal, así como un obsequio a todos os participantes.

 

No ano 2013, participouse nos siguientes actos, excursións/visitas e festivais;

     

  • Para comenzar o ano e despois da cabalgata de Reis de Móstoles e na sede do Centro, gande achocolatada de Reis, co seu respectivo roscón
  • Comida de irmadade, para socios e simpatizantes
  • Excurións e visita guiada ao Museo Eduardo Barreiros en Valdemorillo (Madrid)
  • Participación no Pasacalles de Endroido en Móstoles

 

 

     

  • Asemblea Xeral Ordinaria na Sede do Centro
  • Participación no programa da semana cultural, sobre as comunidades autónomas, nos colegios C.E.I.P. Miguel Delibes e Pablo Solozabal de Móstoles, dando a coñecer a Comunidade de Galicia e inculacar os valores, do respeto, a tolerancia e a solidariedade e finalizando coa actucion do Grupo de Gaitas e Baile Rexional «A PENEIRA» e desfile de Traxes Rexionais
  • Excursións guiada pola serra de Madrid, visitando o Municipio de Pomares o Reis e os seus arredores
  • Participación e XII Encontro de Gaitas e Baile Tradicional Gaélicas
  • Excursións e visita guiada ao Museo del Metro de Madrid
  • Comida de irmandade, para socios e simpatizantes
  • Participacións en todos os actos de Homenaxe aos Héroes da Independencia Española 1808/1814 e Casas Rexionais
  • Participase nos actos das Cruces de Maio, organizado pola Coordinadora de Casas Rexionais, Confrarías e Irmandades de Móstoles
  • Asistencia e participación na inauguración, no Museo da Cidade de Móstoles, con Traxes típicos de Galicia, así como a actuación do coro «ANDURIÑA»
  • participase con todas as casas Regionales na Praza do Pradillo de Móstoles, así como o pasacalles de todas elas, con motivo do día de Rexíons en Móstoles
  • Asístese á tradicional recepción coa Alcaldesa de Madrid Dña. Ana María Botella Serrano e organizado pola Federación de casas Rexionais en Madrid
  • Celebración do día das Letras Galegas, dedicado ao escritor e actor de teatro español, D. Roberto Vidal Bolaño
  • Participación na VII Romaxe Fagama e actos organizados polo Centro Gallego de Tres Cantos e colaboración do Concello
  • Presentación do Centro gallego de Móstoles, a Dña. Xema Zamorano Abade, concellerira de Familia e Benestar Social do Concello de Móstoles
  • Celebración doa reunión Xunta Directiva e dar comezo ao mes solidario (campaña de recollida de alimentos non perecedorios)
  • Celebración do noso Patrón San Antonio, na Parroquia Divino Pastor, coa participación na misa das Gaitas e Coro ANDURIÑA, homenaxeándose os socios de Honra, a Dña. Ana Gómez Rodríguez e D. José AlonsoRodríguez

 

 

 

 

     

  • Comida de irmandade, para socios e simpatizantes e Ofrenda Floral ao Cruceiro, sito no Parque da Comunidade de Madrid de Móstoles
  • Excursión a Madrid Rio, dando comezo na Ponte de Legazpi e finalizando na Ponte de Mónaco cunha comida na Casa Mingo
  • Asistencia á presentación do Camiño Real de Guadalupe, por D. Antonio Dávila, Presidente de la Asociación de Amigos del Camiño Real de Guadalupe
  • Finalización da campaña do mes solidario e entrega dos alimentos recollidos (120 Kilos) ao Comedor Social do Concello de Móstoles

 

 

 

 

     

  • Participación nas festas Patronaisde Nª Sª dos Santos, organizada polo Concello, con especial participación nas Ofrenda Floral e Procesión, así como en todos os actos organizados
  • V Feira Gastronómica e Cultural do Marisco en Móstoles (do 4 ao 13 de octubre), nas instalaciones do Parque Cuartel Huerta de Móstoles e a colaboración do Excmo. Concello de Móstoles, Xunta de Galicia e Degustacións DEMAR S.L., na inauguración participarón representantes Municipais, Casa de Galicia en Madrid, Presidente de FAGAMA, representantes das Casas Rexionais, Confrarias e Irmandade de Móstoles e Casas Gallegas da Comunidade de Madrid, así como numerosos socios do Centro Gallego de Móstoles, simpatizantes e prensa en xeral e actuando no Posto da Feira o Grupo APENEIRA, así como os talleres in situ dos Grupos de PATCHWORK e PALILLEIRAS

 

 

     

  • Inaugúrase a exposición Asociacionismo Gallego na Emigración NÓS MESMO, no Museo da Ciudad de Móstoles, permanecendo na devandita Cidade, todo o mes de octubre

     

  • Participación na Misa polos socios e familiares falecidos, así como polas vitimas do accidente de tren en Santiago de Compostela e organizado por este Centro Galego na Parroquia Divino Pastor de Móstoles
  • Particípase no festival benéfico a favor de Caritas Parroquial e Comedor Social do Concello de Móstoles
  • Celebración do Magosto (sobremesa típica de castañas asadas), festa tradicional de Galicia
  • Excursión e visita guiada ao Museo do Ferrocarril en Delicias Madrid
  • Cea de Nadal, para socios e simpatizantes
  • Presentación do Centro Galego de Móstoles, a D Antonio Rodríguez Miranda, Secretario Xeral dá Emigración da Xunta de Galicia
  • Merece especial mención, as actuacións do Coro ANDURIÑA no mes de decembro, co motivo do Nadal e os numerosos sitios de actuación, como no Centro Cultural Eduardo Úrculo de Tetuán Madrid e organizado polo CLUB DE XORNALISTAS GALEGOS EN MADRID, nos Centros Municipais de Maiores O SOUTO e JUAN XXIII de Móstoles, e interpretando diferentes Vilancicos, con motivo do Nadal Mostoleña e Nave de Tenreiras da Xunta Municipal de Arganzuela (Madrid) na tradicional CANTATA DO NADAL, organizado pola Federación de Casas Rexionales de Madrid

 

 

 

 

 

 

     

  • Finalizando o ano, coa tradicional copa de Nadal e degustación dos doces típicos do Nadal