Móstoles acolleu a 1ª Feira do Marisco galego, no céntrico Parque Liana, do 1 ao 5 de Xullo de 2009, impulsado polo presidente do Centro Galego de Móstoles, D. Antonio Rocha Vila e co apoio incondicional do Concello, co seu Alcalde Esteban Parro del Prado como principal expoñente.

Durante estes días, Hosteiga (Hostalería Identitaria de Galicia), levou a cabo a organización da feira, cun novo modelo, que se basea nunha coidada selección de empresas galegas, pola calidade dos seus produtos e mestres nas artes culinarias desta entrañable terra, elaborando todos os pratos de forma tradicional á vista dos visitantes.

Púidose gozar diariamente desde as 12 do mediodía ás 12 da noite, de forma ininterrompida, dos principais produtos da gastronomía galega, (marisco elaborado de distintas formas, polbo a feira, tenreira galega, empanadas, pan, tortas tradicionais, viños e licores), cos mellores prezos de Galicia.

Ademais da degustación de produtos gastronómicos, todas as noites púidose gozar dunha representación do folklore galego, na que tiveron un papel estelar os grupos dos Centros Galegos da Comunidade, coas súas distintas agrupacións de música e danza.

feiravoz