EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA

CENTRO CULTURAL VILLA DE MÓSTOLES. SALA 2

DO 29 DE NOVEMBRO AO 13 DE DECEMBRO

O Centro Galego de Móstoles convocou un Concurso Fotográfico co obxecto de reunir unha mostra de imaxes orixinais e antigas que abarcan desde finais do século XIX a mediados do XX. Unha selección de 100 destas fotografías poderá visitarse do 29 de novembro ao 13 de decembro no Centro Cultural Vila de Móstoles.

A exposición é o resultado da iniciativa dun grupo de socios, que desexando mostrar o seu sentimento e orgullo de pertenza ás súas raíces, prestaron xenerosamente as súas fotografías familiares antigas, recordando imaxes da súa aldea, pobo, cidade contido que percorre os seus costumes, paisaxes, familia, animais, etc. Outorgarase un primeiro premio á fotografía máis antiga e un segundo premio á fotografía máis orixinal, que serán entregados o día 15 de decembro nun acto a celebrar na sede social do Centro Galego.

Así mesmo, acompáñase a proxección da película Mis Ledya, primeiro filme coñecido que se rodou en Galicia por José Gil e Gil en 1916, con guión de Rafael López de Haro.