No ano 1997, a raíz da creación en Madrid dos Centros Galegos de Collado-Villalba, Alcobendas e da Sierra de Madrid, xorde en Móstoles a iniciativa de crear unha asociación que reunise aos galegos da zona sur da comunidade. En maio dese ano componse a primeira directiva que impulsa a creación do Centro Galego de Móstoles. En novembro dese ano celébrase a primeira asemblea de socios.
As primeiras actividades que se desenvolveron foron as clases de gaita, baile e lingua galega. Buscouse enton ao mellor profesorado de Madrid para ofrecer aos socios. Outras actividades puxeronse en marcha son encaixe de bolillos, ganchillo, yoga, pintura, manualidades, baile deportivo e baile de salón con gran aceptación por parte das numerosas familias deronse de alta como socios en poucos meses.

Debido aos problemas para obter un local no municipio, a directiva acorda a adquisición dun local propio que se consegue no ano 1999 grazas ao esforzo dos socios e o Centro Galego trasládase á súa localización actual na rúa Cervantes, nun lugar inmellorable pola súa situación no centro e os seus cómodos accesos por estrada, tren ou metro.

No ano 1998 o Centro Galego de Móstoles forma parte activa na realización do 1º Encontro de Casas Rexionais na localidade xunto ao resto das Casas Rexionais que compón a Coordinadora que se crea co obxectivo de potenciar a participación en diferentes eventos de todos os membros das distintas comunidades representadas: andaluces, estremeños, murcianos, castelán-leoneses e madrileños.

O ano 2000 é moi especial para os galegos de Móstoles. Conséguese levar a a cabo outro emotivo acto coa inauguración do Cruceiro de Móstoles. Tras a solicitud á Xunta, a Escola de Canteiros de Poio realiza unha mágnifica obra de arte en pedra coas imaxes de Santiago Apostol e a Patroa de Móstoles, Nuestra Señora de los Santos. O cruceiro atópase no Parque de Galicia, onde cada ao desde esa data, os grupos do Centro Galego realizan unha ofrenda floral á que acoden moitos mostoleños a compartir esta bonita tradición. Realízase unha fermosa exposición de traxes rexionais, grazas á xenerosidade de D. Juanjo Linares, propietario dunha impresionante colección, da que se mostrou máis de 200 exemplares no Centro Cultural Vila de Móstoles.
A finais do 2002 un suceso ensombrece a vida de todos os galegos. A catástrofe do Prestige chea de amargura os corazóns dos galegos que teñen que seguir de lonxe o desenvolvemento dos acontecementos. Os Centros Galegos de Madrid mobilízanse, a Casa Galega de Fuenlabrada freta autobuses para desprazar aos voluntarios madrileños ás zonas afectadas. O Centro Galego de Móstoles organiza en xaneiro de 2003 un Festival Benéfico a favor dos pescadores galegos, a resposta do pobo mostoleño é abafadora, esgótanse as localidades do Centro Cultural Vila de Móstoles e recíbese axuda a través da fila cero. E por suposto o apoio no evento de todas as Casas Rexionais amigas, ás que agradecemos desde aquí a súa solidariedade neses duros momentos.

O Centro Galego de Móstoles é socio fundador de FAGAMA (Federación de Asociacións Galegas en Madrid) xunto á Xuntanza de Galegos en Alcobendas, a Casa Galega de Fuenlabrada, o Centro Galego de Tres Cantos, a Asociación Galega Corredor de Henares, o Centro Galego de Collado-Villalba e o Centro Galego de la Sierra. FAGAMA creáse en abril do 2005 para promover actividades en conxunto que potencien a cultura galega en Madrid.
No ano 2007 celebrase o décimo aniversario do Centro Galego de Móstoles coa edición número sete do Festival Folk de Outono no Centro Cultural Villa de Móstoles.

Na actualidad o Centro Galego conta con ao redor de 150 familias asociadas. O noventa por cento dos socios son de orixe galego pero calquera persoa que queira estar en contacto coa cultura galega pode unirse a nós. No é necesario ser galego ou descendente de galegos para asociarse.
Queremos dar as grazas a todos aqueles que dende os comezos colaboraron dun xeito ou de outro no desenrolo e apoio para a realización de todas estas actividades, moi especialmente a: Daniel Hortas, Nelson Zumel, José Ramón Onega, Manolo Lombao, Juanjo Linares, Genaro Castro, Inés Canosa, Argimiro Ríos, Aurelio Miras, Vicente Araguas, Alfonso S. Palomares, Carlos Sixirei, Ricardo Martín, Alejandro Posilio, Marina de Miguel, Inés Vazquez, Mª Ángeles Climent, aos profesores e colaboradores e a un longo etc.